Proxecto ABALAR: integración e participación
O proxecto ABALAR disporá dun portal propio, "espazoABALAR", que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade:
Ás familias
- Achegando a educación aos cidadáns e involucrando ás familias na educación dos fillos.
- Promovendo o desenvolvemento das TIC no ámbito educativo, convidando á participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.
- Fomentando a participación colaborativa dos centros e da comunidade docente, incorporando como peza fundamental o Repositorio de Contidos Educativos de Galicia.
Ás familias
- Información directa do absentismo e seguimento académico dos fillos.
- Comunicación directa e multicanle co profesorado e titores.
- Xestión telemática de todos os trámites relacionados coa educación.
- Teleasistencia aos alumnos con baixas de longa duración, desde a súa casa ou mesmo desde o hospital.
- Facilidades para o seguimento da actividade escolar a alumnado discapacitado.
- Ferramentas e mecanismos para o acceso aos materiais, e recursos para a actividade escolar no centro educativo dixital.
- Facilitará información sobre as características e servizos que ofrecen os centros docentes.
- Facilitará novas canles de comunicación entre pais, profesores, dirección e alumnos.
- Integrará as ferramentas e servizos de apoio á actividade docente: aulas virtuais, sistemas de videoconferencia, repositorios de contidos educativos.
- Porá a disposición de cada unha das ANPAS dos centros educativos un portal onde desenvolver e dar a coñecer as súas actividades.
- Será un contorno colaborativo que proporcionará ferramentas e servizos para o desenvolvemento das súas actividades: xestión documental, difusión de noticias e notificacións, xestión de comunidades de pais, ferramentas de apoio á xestión de actividades e foros e espazos de traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario